
Sabela a mestra e as súas nais (as da escola, se entende) preparánronnos, con todo o amor do que é posible agasallar, un eterno xantar a base de empanadas, canapés, tortillas (ovos caseiros, con patacas, con xamón, con chourizo…) tortas de verduras, queixo, paté e logo, a lamprea con diversos tipos de ensaladiñas. De sobremesa: ademais duns fenomenais biscoitos, un licor café inconmensurable.
Tras o xantar, principiou a festa: dúas horas de música ao vivo a cargo das Pandereteiras de Vide. Impresionantes… cada ano fano mellor, aínda que nos pareza incrible. Como agradecer tanta xenerosidade?, tanta paixón polo "público"?, polo colectivo?
E que dicir desa mestra… desa FUNCIONARIA (así en maiúsculas, con orgullo do que somos, do noso traballo, e de para quen facemos o que facemos) que non sabe onde remata o seu traballo e principia a súa vida… que neste sábado parece que traballa e cando o luns abra o local de traballo seguro que parece que está de vacacións e feliz de convivir cos cativos na súa escola… E que escola…. Se hai que facer (¿) recortes que, por favor, a esta unitaria non a toquen.
Grazas Sabela. Grazas Lourdes.
Grazas pandereteiras. Ata a próxima!
XANTAR EN VIDE