top of page

XEOMETRÍA CÁLIDA

ACTIVIDADE PARA 4º ESO


  
Durante o curso 2012 – 2013, desenvolvemos no IES Sánchez cantón de Pontevedra unha serie de actividades con alumnos e alumnas de 4º ESO relacionando algunhas obras de arte cos obxectos matemáticos e xeométricos que nelas aparecen.

  • Estas actividades documentáronse e leváronse a cabo na Biblioteca do centro durante a titoría semanal e nalgunhas horas de clase de Educación Plástica.

OBXECTIVOS:​​​​​​​​​​​​
• Comprender que as matemáticas, agora e noutros tempos tamén, non sempre se utilizan para resolver problemas das “ciencias e das tecnoloxías”
• Ter unha visión das matemáticas, e mais concretamente da xeometría, como unha ferramenta útil para construír obras de arte.
• Desenvolver actividades manipulativas con diferentes materiais e fomentar o traballo en equipo.
• Comparar a utilización das matemáticas dos artistas do século XV cos artistas actuais.


ACTIVIDADES:​​​​​​​​
1.- O profesor D. Francisco Martín Casalderrey, con motivo da celebración do Día Escolar das Matemáticas, publicou, en maio de 2006 unha guía de actividades titulada “Mirar el arte con ojos matemáticos” xunto co deseño duns recortables dalgunhas figuras xeométricas.  Cada actividade consistiu en ver e analizar unhas obras de arte concretas e despois construír as figuras xeométricas relacionadas utilizando os recortables indicados.


Os obxectos construídos e as obras de arte de referencia foron:

  1.  Mazzocchio: (Toro formado por 24 prismas octogonais) Figura que utilizan os pintores italianos do século XV, concretamente no cadro “A batalla de San Romano” de Paolo Ucello e nas taraceas de Giovanni de Verona.
  2. Dodecaedro estrelado: (Dodecaedro regular onde, en cada cara, sae unha pirámide pentagonal)  Esta figura aparece en dous mosaicos, atribuídos a Paolo Ucello, da catedral de San Marcos en Venecia.
  3. Coboctaedro oco e rombicuboctaedro oco: (Dous poliedros semirregulares debuxados por Leonardo da Vinci, xunto con outros, para o libro “La Divina Proporción” de Luca Pacioli.
  4. Poliedro de Durero: (Cubo truncado en dous vértices opostos) Este poliedro aparece no gravado de Alberto Durero titulado “Melancolía"
  5. Cadrado máxico: Cadrado numérico de dimensións 4 x 4 que contén os números do 1 ao 16. A disposición dos números é tal que a suma dos de cada fila, cada columna, os das diagonais principais, e os das submatrices de orde 2, suman sempre a constante máxica 34

2.-Tódolos obxectos construídos foron despois trasladados a aula do Departamento de Plástica onde outro grupo de alumnado de 4º ESO, xunto coa súa profesora, fixeron un excelente traballo de pintado e acabado dos mesmos, convertendo o seu aspecto “escolar” en obxectos realmente artísticos.

3.-​​ Deseño e construción, paso a paso, dun Omnipoliedro (Armazóns dos cinco poliedros regulares inscritos uns noutros) de 1,40 m de diámetro. Outros alumnos e alumnas construíron os cinco sólidos platónicos inspirándose nos cinco elementos da natureza que propoñía Platón nos seus Diálogos.

 

4.- Visualización dos traballos de videocreación artística en 3D do artista Cristóbal Vila. Concretamente no vídeo Inspirations faise un percorrido virtual polo que podería ser unha habitación de Escher repleta de obxectos matemáticos de todo tipo.

 

EXPOSICIÓN: Con tódolos traballos  e coa inestimable colaboración da Biblioteca Escolar do centro facemos  a final de curso unha exposición no vestíbulo da entrada do noso instituto e esta exposición virtual.

Manuel Cortegoso

¿Es fría la geometría escolar? ¿Existe una geometría cálida?


Numerosos artistas, pintores, escultores, arquitectos... argumentan y utilizan la geometría como elemento esencial y necesario en sus creaciones para conseguir transmitir sentimientos y emociones. ¿Esta geometría, cálida, unida a la emoción estética tiene cabida en nuestra realidad escolar?

El desarrollo de la percepción visual, la intuición espacial y el pensamiento geométrico pueden, y deben, basarse en la manipulación y experimentación con materiales, al mismo tiempo que pueden desarrollarse a través de la contemplación y creación de formas artísticas, a partir de líneas, figuras y cuerpos, estáticos o en movimiento.

Cuando descubrí que la geometría es lo que está en el fondo de la vida, que es lo que la construye, ¿cómo iba a pensar que la geometría es fría? ¿Es fría una flor, una semilla, un caracol maravilloso de la playa? ¿Es fría una estrella de mar? La geometría no es fría; lo será la geometría escolar, esa donde algunos se han quedado”. 

Pablo Palazuelo

 

 (Cita tomada de Intuir y construir nociones geométricas desarrollando sentimientos y emociones estéticas en Educación Infantil y Primaria
Mequè Edo i Basté)

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-googleplus
bottom of page