top of page

MELANCOLÍA

  • O famoso gravado Melancolía I (1514. 240x188 cm. Bibliotèque de France) do artista alemán Albrecht Durero (1471 - 1528) representa un misterioso anxo abatido.
  • Segundo unha das interpretacións máis difundidas, trátase do artista, quen posúe a destreza para realizar unha obra pero depende do sopro da inspiración, que neste caso non chega ata el.
  • Está rodeado de obxectos matemáticos, símbolos desa destreza: un poliedro, unha esfera, un compás e un cadrado máxico (4x4) na parede.
  • O alumnado constrúe o Poliedro de Durero: (Cubo truncado en dous vértices opostos)
  • Tamén o Cadrado máxico: Cadrado numérico de dimensións 4 x 4 que contén os números do 1 ao 16. A disposición dos números é tal que a suma dos de cada fila, cada columna, os das diagonais principais, e os das submatrices de orde 2, suman sempre a constante máxica 34
  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-googleplus
bottom of page